We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Saudade sempre

by Cibrán

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Agradecido 01:40
Teño tempo esta mañá: vou facer unha canción. Despois vou calar a boca; ás veces calar é mellor. Gael regaloume un güiro, Elba regaloume este acordeón. Prometo estarvos sempre agradecido por regalarme unha voz. Esta voz.
2.
Hai soños que son pra nenos, e outros fanse vellos con nós. Cada vez durmo un pouco menos, e pasaron un ano ou dous. O meu corpo inda non rompeu. A caldeira inda non rompeu. Eu sigo sen ter o carné; eu sigo sentado a esperar o bus escolar ou o furgón policial que me recolla e me leve á idade estúpida amodiño. E aínda así eu vou durmir no camiño alá. Hai soños.
3.
793 01:56
793 é o meu soldo deste mes. Vinte horas semanais, pero fixen bastantes máis. E cando chego á casa vou deixando de contar, pero canto estas contas para ti. Se me cantas ti tamén o que cobras imos poder dicir algo moi bonito: “o reparto non está ben”. Imos xuntas esperar e cantamos estas contas para vós.
4.
Quero moito a bastante xente; quero bastante a moita xente. Se a alguén lle quero mal é por accidente, pero hai un peso que me apreta o peito ao pensar que pensamos diferente. Onde está o límite do meu corpo? Onde está o límite da miña mente? Podo pecharme no MacBurger e agardar a que a roupa me revente. Vestinme de garda civil e fun un garda civil diverxente. Se un garda se viste de min será un impostor como calquera axente. Teño o síndrome do inspector: estúdote de preto e empezo a descoñecerte. Só son outro estudante de sobresaliente. Non se nos dá ben equivocarnos. Hai bastante xente que quero moito; hai moita xente que quero bastante. Logo hai xente menos importante que fala por ti, fala por min e fala por outros sen preocuparse, así que eu falo de min e domino o tema, pero non é moi interesante. Así que estudo. Estudando, estudando, estudo e traballo de actor de reparto. Eu repito palabras que dixo outra xente e agora son miñas. A vida de actor é moi bonita porque é mentira e é verdade. Eu invento o meu texto, pero é difícil interpretarse. Falo de min e domino o tema; sempre consigo dominarme. Eu invéntoche o que eu son, é mentira e é verdade.
5.
Un momento 02:04
Non estou no meu mellor momento: o meu mellor momento aínda non chegou. Teño fame e quince euros. Normalmente estou contento. Quizais parará. Estivemos tan dacordo… hai algúns días que non penso en nós. Non escribes hai un tempo. Eu sigo aprendendo. Quizais parará.
6.
Tiña unha paixón que agora non teño: coleccionaba aqueles coches pequenos. Movíanse seguindo o meu movemento, nin rápido nin furioso, non era o momento. Era simple e agora é complexo, pero un recordo non é un lamento. Sempre pensei que de maior ía ter ao meu servizo un motor, e agora teño un billete de tren e un título de doutor. Para avanzar a onde? Ao mesmo lugar. Onde está o meu coche? É no pasado: vou andando a Almeiras pola nacional e paso diante de dezaseis concesionarios, o parque de maquinaria da Garda Civil e o MacAuto e lembro cando abriu o MacAuto e cando herdaron os primeiros coches e podiamos poñer a música alta no SsangYong do pai de Carlos e tiñamos un espazo para contarnos intimidades e un vehículo para ir onde quixeramos, pero daba igual onde ir porque o mellor era o traxecto. Pásase mellor de camiño aos sitios que cando chegas, e por iso subimos aos coches para acompañarnos a aparcar, e damos paseos nos que volvemos ao mesmo sitio, e non hai sitio máis bonito que o Kadett de Toni. Non teño aquela pero teño paixón: un sentimento híbrido. Pasan os coches e non deixan oír o ruido que nós facemos aquí, pero igual se non lles dera por pasar preferiríamos calar. Todos conducen aquí menos nós, e iremos onde nos queiran levar. Era simple, agora é complexo, pero un recordo non é un lamento.
7.
Eu só teño unha ambición: só quero facer outra canción. E estámonos desmembrando: pronto non teremos brazos. Tanto ten porque os acordes foron sempre imaxinarios. Situámonos tan xuntos que xa non hai nada entre nós. Situámonos tan amodo que debemos ser caracois. Ningún pode ir moi lonxe, non sería natural. E se alguén nos pisa e nos rompe seremos nós quen faga crac. A nosa banda podería ser a túa vida. A nosa banda podería ser a nosa vida. Hoxe somos profesores, pero tamén o que fomos onte. A nosa facultade foi o garaxe de Xacobe. Situámonos tan xuntos que xa non hai nada entre nós. Situámonos tan amodo que debemos ser caracois. Que tal nos vai ir? Mal.
8.
Chamo á radio e falo nunha lingua morta para min sobre cabalos e conxuros. A verdade é que non teño nada que dicir: disimulo. A bandeira pola radio non ten esa cor, sentímolo moito. No entroido os locais deixáronme tocar aquel tambor; xa estaba roto. Trámites: sentímolo moito. Trámites: sentímolo pouco. Trámites: pensámolo moito. Trámites: pensámolo pouco. Trámites, rituais. A Virxe do Cristal non aparece.
9.
Que vou facer cando non sexa deputado? Non quero volver ao meu antigo traballo. Hai anos que non fago unha limpeza e pouco a pouco comezou a darme noxo ver a boca da xente aberta. Vou ir máis abaixo nas listas e imos comer unha hostia esta vez. Hai tanto que non fago algunha cousa divertida que xa non sei se a saberei facer. Vou dar un golpe de efecto. Vou dar un golpe de efecto: vou levar un golpe. Que vai pasar cando devolvan o roubado? Ningún de nós é o mesmo que era no pasado. Eu tiña unha ilusión, e logo tiven un escano e logo tiven un problema, e agora só o teño o problema. Vou dar un golpe de efecto. Vou dar un golpe de efecto: vou levar un golpe.
10.
Neno 01:35
Cando era neno tiña bastante ilusión por ser un neno grande, pero logo xa me pasou. A primeira vez que beberon tiven medo e chameino decepción. As persoas son pequenas; houbo xente que medrou. Eu quería ser motorista e acabei de profesor. A primeira vez que me mentiron tiven medo e chameino tradición.
11.
Flores 01:58
A beleza dunha explosión, a lembranza no corazón. Das cousas que quixen dicir, das cousas que sinto por ti. No meu puño levo unha flor, no meu peito unha emoción. As flores que apaño pra ti son cousas que sinto por ti. Un ramo de flores.
12.
Pitillos 02:42
Queren que fume todos os seus pitillos. Din que senón xa non somos amigos. Eu non leo poesía e non sei como me sinto. O tempo ás veces é lento, ás veces infinito. As cousas ás veces non dan pasado; outras insisten e non dan marchado. O tempo componse de moitos pitillos. Ás veces quero vivir, outras vivir tranquilo. Son outro músico electrónico. Quero ser cantante pero estou afónico. Admirei á xente que tiña actitude. Eu teño boa actitude
13.
Hai días que quero facer algo que nunca fixen. O que nunca fixen sempre pinta xenial. O que nunca fixen se non o fixen foi por algo. Hai días que quero que me deixen en paz. O que quero é algo que non se pode mercar. Non queres ver sitios de lonxe? Inda non vin os de aquí. Perdo o tempo escollendo. Non todo se pode elixir. Nunca é suficiente o que ten a xente rica. Pra min o máis bonito é que me quentes os pés. Ti non tes desexos? Non tes expectativas? As expectativas non me dan de comer. O que quero é algo que non se pode vender. Así que vou facer unha pizza. Non desexo nada máis. Hai moito que se pode facer co que hai a man.
14.
Ás veces digo algo que non debía e despois preocúpome todo o día. Escribín a canción anterior e ralleime pola súa interpretación, así que a ver se podo deixalo claro: non penso que o desexo sexa sempre malo, porque por exemplo podes desexar o reparto xusto da riqueza mundial. Pero o que quero dicir é que moitas veces nos fan desexar permanentemente cousas que non temos nin precisamos, e as persoas que quero quero que queden fóra do mercado.
15.
Hoxe vou pedir favores, mañá vou devolver. Pensamento intrusivo: non teñas un bebé. Pensamento impulsivo: escribe en internet. A cadeira na que sento está a punto de romper. Pobre xente que busca aparcamento. Pobre xente que decepcionou á súa nai. Viamos todo tan parecido que xa non nos podemos ver. Quero ser califa en lugar do califa e non son quen digo ser. Toquei, toquei, toquei, toquei, toquei a campá da catedral. A ver, a ver, a ver, a ver, viñestes a ver, namorados da vida aínda que poida doer. Bicos á xente que busca aparcamento. Bicos á xente que decepcionou á súa nai.
16.
Ola. Ola. Oli, que tal? Ola Cibri, unha cousa. Que cousa quedará de min? Unha cousa: aí vai mal tempo? O sea, aí en Perillo. Ímonos de viaxe. (...) Ola Cibri, ooh! Cibri, eu non paro de ter ataques ao corazón. O sea, fun almorzar á churrería. Me muero, que ilusión! Xa é coincidencia eh, porque podería terse jubilado… eu que sei, ademais hai mogollón de profes aí. Bueno, yo me voy a dormir, te aviso en cuanto me despierte y me dices como te ves, vale? (...) Meu amor… a semana enteira fiquei esperando, pra te ver sorrindo, pra te ver cantando. Cando a xente ama non pensa en diñeiro; só se quere amar. (...) Brad y yo. Bebemos auga da fonte. Sacamos fotos coas flores. Brad y yo. Os cans ladran “Brad y yo”. A luz do verán, Brad y yo. No furancho, uns pementos, Brad y yo. Un bico debaixo da parra. (...) Tes unha cara preciosa, xeneral da Ulla. (...) Ultimamente no tengo tiempo. Ultimamente escucho flamenco. Ultimamente no tengo tiempo. Ultimamente trabajo y duermo. (...) Saudade sempre. (...) Segundo a receita o prato está rico pero sabe como o prato doutra persoa. Comida xuntas é como un día de vacacións. Cabaciñas, xudías, xudías, tomates e leitugas, leitugas. Escollín coidar o corpo e descoidei a cabeza. Xa botarei salsa na carne das miñas costelas. (...) Ela comprou un abrigo de llamas. Pasaba moito tempo nos seus pijamas. Agora ten que salvar a nación traballando con Ana Pontón. (...) Ola Sara. Ola Sara, ola ola ola. Ola Sara, que tal estás? C’est la vie, es que es jodido, eh? La gente está a piñote eh? (...) Relés, diodos. Dáme relés, dáme diodos, quero poñer luces no coño. (...) Prea fea, non me toques máis. (...) Basilisa lisa lisa, Basilisa lisa es, lisa como una baldosa, lisa como una pared. (...) Algún día van doerme as costas pero non vai ser mañás. Seremos as estúpidas da verbena, falará de nós a xente triste. Non seremos unha máis da lista; seremos dúas. (...) Subín á montaña pra mirar abaixo. Só vin unha casa (...) cunhas luces (...) e non, non son eu.

about

Gravado nas Fraguas salvo algunhas cousas en Casas da Veiga, Almeiras e quen sabe onde máis con tanta cousa como hai aquí.

Deseño de Camila Viéitez.
Fotografías de Mar Catarina.

Editado por Caracol Negro, Interruptor e Prenom.
As cintas gravounas Interruptor.

Usei bastantes obxectos e ferramentas: o Reaper (que me recomendou Mack Paramo), a caixa de ritmos virtual “Pattern Sketch”, o separador de pistas LALAL.AI que me pasou Samuel, a guitarra española que me regalaron Meri, Elba e Elvira, o acordeón de xoguete que me regalou Elba, o güiro que me regalou Gael, o teclado que me prestou Teo, o sinte que tocaba Meri en Esposa e cousas que había pola casa ou a casa da avoa Delfina: un bote de arroz, unha cunca tocada cun bolígrafo, un cacho de polispán, libros, un rastrillo, unha pá, unha fouce… e en xeral golpes no chan ou contra partes do corpo.

“Agradecido” arrinca cun sample de Samora Machel quitado do filme ‘Kuxa Kanema: O nascimento do cinema’ (Margarita Cardoso, 2003), que descubrín no Cineclube de Compostela. E fai referencia a “Agradecido”, de Rosendo (do disco ‘Loco por incordiar’, de 1985).

En “A idade estúpida” Xacobe fai un solo de guitarra que me enviou por internet. Hai tamén un sample do tema “Berlingo”, de Bazongo (do disco Bazongo, de 2019) e outro de “Señora” de Rocío Jurado (dela cantando a capella nun programa de Canal Sur). A idea dese sample saqueina dunha sesión de Teresa Ferreiro, e na letra hai ideas ou frases de “Burning Lights”, de Joe Strummer (que canta na peli de Aki Kaurismaki ‘Contratei un asasino a soldo’, de 1990) e de “sempre” de Bratzantifa. Despois de ter feito este tema si que rompeu a caldeira e saquei o carné.

En “793” Toni Colombo toca o baixo e fai coros.

En “Teño o síndrome do inspector” hai baterías de Esco Cromer e congas de Raymond Green (sacadas de “Zimba Ku”, do disco de Black Heat ‘Keep On Runnin’ de 1975) e do baterista, de nome descoñecido, de The Honey Drippers, no tema “Impeach the President” (1973). Tamén hai voces de Tom Zé, Eloa, Vera, Sidney e Roberto, no tema “Ui! (Voçê inventa)”, do disco de Tom Zé ‘Estudando o samba’ (1976). Ah, e tamén un sample da pandeirada da Xunta de Galicia.

En “Un momento” hai un audio de Carlos ao inicio.

En “O mundo do motor” hai un sample do vídeo de YouTube “Opel Kadett E GT - Acceleration 0-140km/h”, de Stanislav Stanchev. Na letra hai unha referencia a “Jardim de infância”, de Emilio José (da mixtape ‘Nativos digitais’ de 2017). Vai dedicada a todas as persoas que me levaron en coche.

“Canción para Esposa” ía ser (e podería acabar sendo) unha canción de Esposa, e nela hai voces de Mar, Xacobe e Meri. Na letra hai unha frase de “History Lesson Part II” dos Minutemen (do disco ‘Double Nickles on the Dime’, 1984).

En “Turismo de Galicia” hai samples de “Recordando a Galicia” de Ana Kiro (do LP do mesmo título de 1976), do anuncio de Gadis protagonizado por Benedicta Sánchez, do filme ‘Lúa vermella’ de Lois Patiño (2020) e de “Jei” dos Resentidos (do LP do mesmo título de 1990). Na letra hai frases recicladas de cancións de Zara e ideas collidas duns correos electrónicos que me enviou Teo.

O título de “Catro anos máis” está copiado a Travesti Afgano. O riff de teclado era inicialmente un intento de tocar “Mesopotamia” de Franco Battiato (do disco ‘Fisiognomica’, 1988). Meri deu a idea do sinte que sube ao final.

En “Neno” o ritmo está inspirado por “Mula”, de Peña (do disco ‘Carreiro’, 2021).

“Flores” é unha versión da canción preciosa do mesmo título de Lamprea Explosiva, do disco ‘Novo feixismo libertario’. O saxo está sacado de “felicidade”, do disco ‘Ilhas Virgens’ de Emilio José (202 016), e o acople do inicio de “Mentira” de Lamprea Explosiva (2020). A melodía do teclado está bastante roubada de “Roadrunner” dos Modern Lovers (do disco The Modern Lovers, 1976).

“Pitillos” recicla parte da letra dunha canción de Zara. Inclúe baterías de Maureen Tucker (na canción de The Velvet Underground “All Tomorrow’s Parties”, de ‘The Velvet Underground and Nico’, 1967) e Ringo Starr (na canción dos Beatles “Rain”, 1966). Seguramente tamén entra algo de viola de John Cale da canción da Velvet. Ao final soa a voz de Roger Daltrey (na canción de The Who “Little Billy”, tirada do LP ‘Odds and Sods’, 1974).

“O que hai a man” cantámola Meri mais eu. A batería está sampleada da canle de youtube prod.dailydailydaily, excepto un fill que hai polo medio, que é o do inicio de “Young Americans” de David Bowie (do disco do mesmo título de 1975), onde a batería a toca Andy Newmark e o piano Mike Garson. Os ventos están sampleados de “Got to Get You Into My Life” dos Beatles, do disco ‘Revolver’ (1966).

En “Código de boas prácticas” a batería tócaa Georgia Hubley e está sampleada de “Moby Octopad” de Yo La Tengo (do disco ‘I Can Hear the Heart Beating as One’, 1997). Hai tamén un sample de “Kiss” de Prince (do disco ‘Parade’, 1986), de “Me conformo”, de Marisol (do filme ‘La nueva Cenicienta’, 1964) e de “Je ne t’aime plus” de Manu Chao (do disco ‘Clandestino’, 1999)

En “Xente que busca aparcamento” hai unha frase de ‘Iznogud’, de René Goscinny e Jean Tabary, que penso que recordo oírlle a Choche. Tamén unha referencia a “Volando voy”, de Kiko Veneno, e un sample dunha pandeireta que tocou Elba.

“Saudade sempre” ten voces de Nuria, Camila, Xiana, Ánxela, Olaia, Mar, Olalla, Hugo, Meri, Elba e Sara, e ese uso dos audios está inspirado por Notorious Big Data. Hai tamén samples da versión de “Ohm” de Yo La Tengo que fixemos Esposa (na que Lucía Colombo toca a maraca) e de “Saludos” de Ana Kiro (do LP ‘A miña aldea’, 1979). Despois hai moitos anacos de cancións domésticas, por chamalas dalgunha maneira: unha versión caseira de “Não Quero Dinheiro (Só Quero Amar)” de Tim Maia nas Fraguas con Marga, Nuria, Sara, Carlos, Marina e Marta. Unha improvisación ao piano nas Xubias con Hugo e Marga. “Brad y yo” con Isaura, Camila, Meri, Mar e Rubén na Ventosela. “Xeneral da Ulla” con Julio, Lois, Samuel, Miguel e Ales (Ataque Escampe) na Susana. “Trabajo y duermo” con Toni, Xacobe e Teo (Monstruo) na Susana. “Saudade sempre” son eu só nas Fraguas. Unha canción sen título con Mar nas Fraguas. “Himno de Andrea” con Meri nas Fraguas (e cun sample de ‘Dragon Ball’ de Akira Toriyama). “Ola Sara” con Meri, Rubén, Sara e Mar por Internet. “Relés” con Teo, Toni e Sara (Zara) na Susana. “Prea fea” con Sara e Clara na Susana. “Basilisa” con Anaid, Druso e as súas familias en Trasalba. “Ventosela” con Isaura, Camila, Meri, Mar e Rubén na Ventosela. Outra canción sen título con Rubén, Mar e Meri en Comeglians. E despois hai un fragmento dun programa de Radio Braña con Esturao e Choche na Braña.

credits

released April 25, 2024

license

tags

about

∀ interruptor ∀ GA, Spain

P L A T A F O R M A

contact / help

Contact ∀ interruptor ∀

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this album or account

If you like Saudade sempre, you may also like: